Illa de Madeira
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Arquipélago da Madeira | ||||
Situado na entidade xeográfica | Arquipélago da Madeira | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Rexión Autónoma da Madeira, Portugal | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Características | |||||
Dimensións | 22 () × 57 () km | ||||
Punto máis alto | Pico Ruivo (1.862 m ) | ||||
Superficie | 741 km² | ||||
A illa da Madeira (en portugués, ilha da Madeira), é unha illa do arquipélago homónimo situado no océano Atlántico, ao oeste da costa africana, e que constitúe conxuntamente con Porto Santo, as Illas Desertas e as Illas Salvaxes, a Rexión Autónoma da Madeira, en Portugal.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A Madeira é a illa de maior tamaño e a máis poboada con diferenza do seu arquipélago. Ten unha superficie de 750,7 km² e nela atópase a capital da rexión autónoma, Funchal, que tamén é a capital e o núcleo urbano máis importante da illa.
A illa da Madeira, que é o 90% das terras do arquipélago, é de orixe volcánica. Separada das Illas Salvaxes, Canarias e África por unha fosa mariña que alcanza 4.512 metros de profundidade, rodeada de baixos fondos de case 2.000 metros, Madeira, como Porto Santo e as Illas Desertas, xurdiu do Atlántico no período Terciario, durante unha erupción volcánica.
O seu clima subtropical e as súas paisaxes únicas fan que sexa un destino turístico moi popular.
Funchal, a principal cidade e porto na costa sur da illa atópase a 32° 38' de latitude norte e 16° 55' de lonxitude oeste. Está a uns 660 km da costa africana, 980 de Lisboa, 400 de Canarias e 880 de illa de Santa María, a máis próxima dos Azores. Pola súa latitude e localización, a illa da Madeira ten todas as características dunha illa subtropical, onde hai elementos das illas tropicais e as illas máis tépedas do norte.
A illa, de montañas volcánicas cortadas por profundos vales até o mar, ten unha forma alargada de leste a oeste: a súa lonxitude é de aproximadamente 55 km, e a súa anchura de 24 km, con 160 km de litoral. A altitude media é de 1.300 metros, onde destacan o Pico Ruivo (1.862 metros), o Pico das Torres (1.850 metros) e o Pico do Arieiro (1.818 metros). As costas son empinadas e as praias de area son raras. Cara ao leste, a Ponta de São Lourenço forma un ciclo de redución e relativamente baixo que se estende por dous illotes. Na costa sur, ao oeste de Funchal elévase Cabo Girao, un dos cantís máis altos no mundo.
O bosque de laurisilva que cubría a illa antes da súa colonización e que lle deu o seu nome, foi case completamente queimado polos primeiros colonos, e só unhas poucas áreas nos vales do norte da illa conserváronse. Foi incluído no Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1999. Pero o bosque recuperouse e estendeuse con especies europeas e tropicais introducidas polos colonos que hoxe conviven coas especies endémicas. A humidade do norte favorece o crecemento dunha vexetación exuberante, incluíndo ladeiras case verticais.
Clima
[editar | editar a fonte]A illa da Madeira atópase en zona subtropical: o seu clima é tépedo durante todo o ano, cunha baixa oscilación térmica anual (16 °C no inverno, 23 °C no verán) e temperaturas sempre temperadas polo mar. Os días de calor son moi raros, mesmo no verán, e a temperatura de cando en cando descende por baixo de 10 °C no inverno. Existe un notable contraste entre a parte norte (máis chuviosa) e a parte sur (máis seca e asollada), sobre todo no verán. As precipitacións varían de 500 mm no sueste da illa a máis de 2.000 mm na vertente norte. A choiva cae principalmente de outubro a marzo e é máis irregular de maio a setembro. Para aproveitar as vantaxes das choivas regulares do norte e o sol do sur da illa, construíuse unha extensa rede de canles.
Datos climáticos para Funchal, capital da Madeira | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Temperatura máxima en °C | 25,5 | 27,0 | 30,5 | 32,6 | 34,2 | 34,7 | 37,7 | 38,5 | 38,4 | 34,1 | 29,5 | 25,9 | 38,5 |
Media máxima en °C | 19,7 | 19,7 | 20,4 | 20,6 | 21,6 | 23,4 | 25,1 | 26,4 | 26,4 | 24,9 | 22,6 | 20,7 | 22,6 |
Media diaria en °C | 16,7 | 16,6 | 17,2 | 17,5 | 18,6 | 20,6 | 22,2 | 23,2 | 23,2 | 21,8 | 19,6 | 17,9 | 19,6 |
Media mínima en °C | 13,7 | 13,4 | 13,9 | 14,4 | 15,6 | 17,7 | 19,2 | 20,0 | 20,0 | 18,6 | 16,6 | 15,0 | 16,5 |
Temperatura mínima en °C | 8,2 | 7,4 | 8,1 | 9,8 | 9,7 | 13,2 | 14,6 | 16,4 | 16,6 | 13,4 | 9,8 | 6,4 | 6,4 |
Precipitación media mm | 74,1 | 83,0 | 60,2 | 44,0 | 28,9 | 7,2 | 1,6 | 2,0 | 32,9 | 89,5 | 88,8 | 115,0 | 627,2 |
Media de días con precipitacións (≥ 0.1 mm) | 12 | 10 | 9 | 8 | 6 | 3 | 1 | 2 | 6 | 9 | 10 | 13 | 87 |
Media de horas de sol mensuais | 167,4 | 171,1 | 204,6 | 225,0 | 213,9 | 198,0 | 244,9 | 260,4 | 225,0 | 204,6 | 168,0 | 164,3 | 2 447,2 |
Fonte: Instituto de Meteorologia,[1] ClimaTemps.com[2] for Sunshine hours data |
Vexetación e cultivos
[editar | editar a fonte]O clima e o terreo determinan as tres zonas de vexetación.
- Desde o nivel do mar aos 300 metros, é o subtropical. Na costa norte, así como na costa sur cultívanse cana de azucre, plátanos e algunhas verduras. As figueiras invaden as zonas de secaño da costa sur.
- Entre os 300 e os 750 metros está a zona tépeda cálida do clima mediterráneo. Esta é a área da vide, cereais (millo, trigo, avena). As froitas son variadas, propias de países europeos e tropicais: como as laranxas, peras, mazás, cirolas e froitas exóticas como goiabeiras, aguacates, mangas, chirimoios e maracuxás.
- Por encima dos 750 metros, atópase a zona tépeda fría, con ladeiras boscosas de piñeiros, queiroas, acacias, mimosas e loureiros arborescentes. A continuación, nos picos, pastos e fentos.
-
Chale Vicente, Lido
-
Doca do Cavacas con Praia Formosa ao fondo
-
Ponta Gorda
-
Emblemático Hotel Reids
-
Pub Hole in One
-
Cais do Carvão con parte da Zona Hoteleira ao fondo
-
Práctica de parapente desde o Pico da Cruz, para as zonas do Amparo, Ajuda e Piornais
-
Val de Machico
-
Baía de Machico
-
Porto da Cruz
-
Veleiro Chopin ancorado na baía de Machico
-
Vista panorámica da segunda maior cidade madeirense, Machico
-
O teleférico do Monte con Funchal ao fondo
-
Funchal, visto dende o Largo das Cruzes
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Weather Information for Funchal". Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2012.
- ↑ "Funchal, Madeira Climate, Temperature, Average Weather History, Rainfall/Precipitation, Sunshine". Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa de Madeira |